revés
Audio 1

revés substantivo masculino1 Cara ou lado contrario ao que se considera principal, normalmente menos lucido. O revés dunha tea, dunha folla. SINÓNIMOS envés, volta ANTÓNIMOS anverso, dereito, face CONFRÓNTESE cruz2 Parte posterior ou interior dunha cousa por oposición á que se ve de fronte ou por fóra. O revés do sombreiro. SINÓNIMO volta3 figuradoContrario Niso, a súa aldea é o revés da nosa. Sempre fai o revés do que se espera.4 Golpe aplicado co dorso da man. Soltoulle un revés que case lle vira a cara.5 Deporte Maneira de devolver a pelota que consiste en golpeala coa cara da raqueta correspondente ao dorso da man. Venceu grazas a dous afortunados reveses coa esquerda.6 figurado Acontecemento negativo, desfavorable. Foi un duro revés na súa carreira. Os reveses da vida. FRASES E EXPRESIÓNS CON revés Ao revés locución adverbial De maneira contraria ou oposta. Entendeu todo ao revés. Fai todo ao revés do que lle din. Do revés locución adverbial 1 [Punto de gancho de calceta] que se dá facendo pasar o fío á parte posterior do labor. No remate fai catro voltas do revés. ANTÓNIMO do dereito 2 En posición distinta á que é normal, co de arriba para baixo, o de diante para atrás etc. Puxen a chaqueta do revés. Mirar do revés locución adverbial De maneira oblicua, amosando desconfianza e hostilidade. Pareceulle que o mirara do revés e colleulle medo. Unha do revés Labazada que se dá co dorso da man. Non te metas con elas, que aínda has de levar unha do revés.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí