tal
Audio 1

tal indefinido1 Fai referencia a algo xa expresado e funciona como un demostrativo. Ninguén de nós dixo tales mentiras. Quen foi o que tal (cousa) fixo? Eu nunca tal oíra.2 Expresa a intensidade de algo, póndoa de relevo. Levou tal golpe que case morre no acto. CONFRÓNTESE semellante, tamaño3 Refírese de forma indeterminada a unha cousa que se cita, sen precisala. Quedamos para tal día e tal hora, non te esquezas. Ti pídeme tal cousa ou tal outra, sen problemas. FRASES E EXPRESIÓNS CON tal Coma tal Utilízase para introducir unha explicación ou un exemplo. Na entrada podía haber uns asentos, coma tal estas cadeiras, para os que estean agardando. Con tal (de) que locución conxuntiva Expresa condición. OBSERVACIÓNS: Con infinitivo úsase con tal de Ela con tal de pasear, todo vai ben. (De) tal... tal.. Serve para poñer en relación, comparándoos, dous elementos que se corresponden. (De) tal pai, tal fillo. Fulano de tal VÉXASE fulano Non tal Reforza a expresión de negación. Non estou canso, non tal, por min podemos seguir. Nunca tal lle dixera Dito utilizado cando se está narrando, despois de reproducir as palabras que unha segunda persoa dirixiu a unha terceira, para indicar de forma expresiva que foron palabras que conmoveron fortemente e que provocaron unha resposta rápida e emotiva. Como se puxo cando llo contou! Nunca tal lle dixera! SINÓNIMO tal lle dixo O tal, a tal O que se buscaba, o apropiado, o idóneo. Este castiñeiro é o tal para unha trabe. Que tal? Fórmula corrente de saúdo. Que tal? Como che vai? Se tal Se é preciso. Se tal, bótalle unha areíña máis de sal. SINÓNIMO se acaso Tal cal locución conxuntiva Do mesmo modo que se indica. Foi tal cal cho conto, de verdade. SINÓNIMO tal (e) como Tal día coma hoxe Expresa o cumprimento dun período de tempo con relación ao feito que se sinala: xeralmente é o aniversario. Casamos tal día coma hoxe, hai dous anos. Tal (e) como locución conxuntiva Tal cal. Contoucho tal (e) como pasou. Tal lle dixo Nunca tal lle dixera. Tal lle dixo! Creo que agora non lle dirixe a palabra. Un tal… Seguido dun nome propio, indica unha persoa descoñecida ou pouco coñecida. Daquela saía cunha tal Isabel.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!