ver
Conxugar
Audio 1

ver /verbos/ver.html verbo transitivo1 Percibir [algo] polos ollos. Están vendo un filme. Mira ben e se ves entrar alguén, avísanos. Vimos unha luz e collemos medo. Tamén absoluto Cando imos vellos, vemos menos ca de novos.2 Facerlle unha visita a [alguén]. Vou ver o meu irmán. SINÓNIMO visitar3 Percibir [algo] por medio da intelixencia, darse conta de [algo]. Non vexo que proveito se pode tirar diso. Vin que podía rematar o traballo e fixen un esforzo. SINÓNIMO comprender4 Reunirse con [alguén] de maneira habitual ou nunha ocasión concreta. Ve a moza ao saír do traballo. Véxote ás seis no bar. verbo pronominal5 [Persoa] encontrarse en determinada situación. Viuse sen forzas suficientes e decidiu fuxir.6 [Dúas ou máis persoas] reunírense de maneira habitual ou nunha ocasión concreta. Vense ás agachadas. Quedaron de verse diante do cine. FRASES E EXPRESIÓNS CON ver Ao meu (noso, voso...) ver Segundo o meu (noso...) xuízo ou modo de pensar, ao meu (noso...) entender. Ao meu ver, o proxecto contén erros. Estar a velas vir Estar sen facer nada, a ver o que pasa. Estivo toda a mañá a velas vir. Facerse ver Chamar a atención. Dixo iso só por facerse ver. Non poder ver (a alguén ou algo) Non poder aturar a persoa ou a cousa en cuestión ou non poder aturarse. Antes eran amigos, pero agora non se poden ver. Eu, a mala educación, é que non a podo ver.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!