activo, activa
Audio 1
Audio 2

activo (feminino: activa) adxectivo1 [Cousa] que está caracterizada pola acción, que implica unha certa actividade. Leva unha vida moi activa. Neste concello hai unha asociación cultural bastante activa. Tomou parte activa nas negociacións. ANTÓNIMO pasivo2 [Persoa] que actúa ou obra con presteza e disposición. É un dos executivos máis activos da empresa.3 [Persoa] que nunca está sen facer nada. É unha persoa moi activa; aínda non acaba un asunto e xa se mete noutro. SINÓNIMOS dinámico, emprendedor4 [Cousa] que funciona ou ten actividade. Un volcán activo. ANTÓNIMO inactivo5 Química [Cousa] que ten a propiedade de actuar. Principios activos dunha substancia. ANTÓNIMO inactivo substantivo masculino6 Economía Conxunto de bens que constitúen un patrimonio. A sociedade ten un activo de varios miles de millóns. ANTÓNIMO pasivo FRASES E EXPRESIÓNS CON activo En activo En actividade, en período de desempeñar o seu traballo. Coidei que xa estaba xubilado, pero aínda está en activo. Poboación activa VÉXASE poboación Voz activa VÉXASE voz

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!