carolinxia
Audio 1

carolinxia VÉXASE letra carolinxia

carolinxio, carolinxia
Audio 1
Audio 2

carolinxio (feminino: carolinxia) adxectivo1 Historia Relativo ou pertencente á dinastía de Carlomagno, rei dos francos e emperador do Occidente. O Imperio Carolinxio abarcaba a Galia, a Xermania, parte de Italia e a Marca Hispánica, o que hoxe é Cataluña. Tamén substantivo Cos carolinxios tentouse impulsar os condados en detrimento dos ducados, establecendo os condes nas famosas marcas fronteirizas.2 Da época carolinxia. Na arte carolinxia conflúen as tradicións clásica, paleocristiá e xermánica.3 [Letra, carácter] minúscula, de formas arredondadas e regulares. A escritura carolinxia desenvolveuse na corte de Carlomagno. Tamén substantivo feminino A carolinxia era ordenada e clara. SINÓNIMO letra carolinxia FRASES E EXPRESIÓNS CON carolinxio Letra carolinxia Letra minúscula, de formas arredondadas e regulares. O libro estaba copiado en letra carolinxia. SINÓNIMO carolinxia

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!