colonia
Audio 1

colonia1 substantivo feminino1 País sometido ao dominio político doutro máis desenvolvido que se aproveita dos seus recursos naturais e lle crea unha forte dependencia económica. Guinea Ecuatorial é unha antiga colonia española. SINÓNIMO posesión CONFRÓNTESE dominio2 Conxunto das persoas naturais dun determinado país ou lugar con certas características comúns, que viven noutro distinto. A colonia galega en Barcelona. A colonia científica da Antártida.3 Conxunto de animais ou vexetais, de certas especies que se establecen temporalmente nun lugar, que viven xuntos permanentemente e que nalgúns casos teñen un grao relativo de organización. Unha colonia de abellas. Unha colonia de paxaros.4 Conxunto de nenos que pasan parte das súas vacacións en campamentos ou residencias ao cargo de monitores, realizando actividades ao aire libre. Decidiu anotarse para ir ás colonias de verán.

colonia
Audio 1

colonia2 substantivo feminino1 Perfume que se fai con auga, alcohol e distintos aromas. Botoulle un pouco de colonia ao neno. SINÓNIMO auga de colonia FRASES E EXPRESIÓNS CON colonia Auga de coloniaColonia2 Despois de bañarse bota auga de colonia.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!