despois
Audio 1

despois adverbio1 Indica que algo está máis lonxe ou é posterior no espazo ou no tempo. Agora entro eu, despois ti. SINÓNIMOS atrás, detrás, logo, ANTÓNIMO antes FRASES E EXPRESIÓNS CON despois Despois de locución preposicional 1 A continuación de. A túa casa está despois da miña. SINÓNIMO após ANTÓNIMO antes de 2 O seguinte, o inmediatamente posterior, referido ao tempo. O ano despois da guerra. SINÓNIMO após ANTÓNIMO antes de 3 Con posterioridade a. Despois da cea quedamos en ir dar unha volta. ANTÓNIMO antes de Despois do día quince xa non estou. SINÓNIMO após SINÓNIMO alén de Despois de que locución conxuntiva 1 Máis tarde ca algo que xa aconteceu. Chegou despois de que acabase a película. SINÓNIMOS despois que, logo de que 2 A pesar de. Despois do que fixen por el, non recibín nada a cambio. Despois que locución conxuntiva Máis tarde que. Despois que ti marchaches apareceu el. SINÓNIMO despois de que

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!