morte
Audio 1

morte substantivo feminino1 Fin da vida. Chorar pola morte dun ser querido. SINÓNIMOS falecemento, finamento A morte chegoulle de moi vello. CONFRÓNTESE defunción, pasamento Onte fixo un ano da súa morte. SINÓNIMOS óbito, pasamento A morte das células, dos tecidos etc.2 Personaxe imaxinario símbolo da morte, que adoita representarse como un esqueleto cunha gadaña. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción adoita escribirse con maiúscula Ía contando por aí que se lle aparecera a Morte. SINÓNIMO Parca3 figurado Fin dunha actividade ou doutra cousa. A morte dunha cultura. A morte das industrias pequenas. FRASES E EXPRESIÓNS CON morte A morte Expresión coa que se indica que algo se leva a cabo ata chegar á morte. Loita a morte. Á morte Que está a punto de morrer. Tivo un accidente que o puxo á morte. A vida ou morte Expresión que indica que algo se fai con risco de morte. A operación foi a vida ou a morte. De morte De maneira que pode levar á morte. Estivo enfermo de morte. OBSERVACIÓNS: Todas estas expresións poden utilizarse figuradamente como esaxeracións Xogaron un partido a vida ou morte. Sentoume tan mal a comida que estiven á morte. Déronlle un desgusto de morte etc. Morte natural Morte causada por colapso ou enfermidade, non por accidente ou provocada. Morreu de morte natural. Paxaro da morte VÉXASE paxaro Pena de morte VÉXASE pena1

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!