mudar
Conxugar
Audio 1

mudar /verbos/mudar.html verbo transitivo1 Facer [algo ou a alguén] distinto de como era antes, ou facer que deixe de estar como estaba. A chegada da primavera muda a fisionomía do val. Os desgustos mudáronlle o carácter. SINÓNIMOS alterar, cambiar, modificar, transformar2(mudar en) Facer que [algo ou alguén] deixe de ser o que era ou como era para ser outra cousa ou da maneira que se expresa. O tempo mudou a amizade en amor. SINÓNIMOS cambiar, converter, tornar, transformar, trocar13 Quitar [a roupa que se leva posta] para vestir outra. Ao chegar da misa, mudou a roupa do domingo. Tamén verbo pronominal Múdase todos os días. SINÓNIMO cambiar(se)4 Quitarlle a [alguén] a roupa e pórlle outra. Muda o neno, que debe estar mollado. SINÓNIMO cambiar5 Levar [os mobles e outros obxectos] dunha casa ou dun local para outro. Xa mudastes os mobles para a casa nova? SINÓNIMO cambiar6 Renovar algúns seres vivos [certas partes do organismo]. As centolas mudan a casca. As cobras mudan a pel. verbo intransitivo7 [Algo, alguén] pasar a ser distinto de como era, ou a estar dun xeito distinto de como estaba. Mudoulle a cor da cara. O vento mudou cara ao nordés. SINÓNIMO cambiar verbo pronominal8(mudar en) Pasar a ser outra cousa ou persoa distinta. O día mudouse en noite. O seu amor mudouse en odio. SINÓNIMOS cambiarse, converterse, transformarse, trocarse9 Deixar a casa onde se vive ou o lugar onde se traballa e ir para outro distinto. Mudáronse para un piso máis grande. A primeiros de mes mudámonos para as novas instalacións. SINÓNIMO trasladarse Mudáronse de Vigo para Cangas. SINÓNIMO cambiarse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!