rede
Audio 1

rede substantivo feminino1 Tecido formado por mallas de diversos tamaños e materiais, en especial aquel que se emprega para pescar. O patrón mandou arriar as redes. CONFRÓNTESE aparello2 Deporte Tecido de mallas que divide o campo de xogo en certos deportes. A pelota deu na rede e o tenista tivo que repetir o saque.3 Deporte Tecido de malla que se suxeita aos paus da portaría ou á canastra. Enviou o balón á rede desde fóra da área.4 Conxunto de medios ramificados que serven para comunicar, ligar ou distribuír. Unha rede de estradas e de vías de ferrocarril.5 figurado Conxunto de persoas dunha organización, xeralmente secreta ou ilegal. Unha rede de espionaxe.6 Aquilo que serve para enganar ou atraer a alguén. Sabía ser tan engaiolante que era difícil non caer na súa rede.7 Conxunto de establecementos ou servizos dunha empresa ou dun sector. O banco ampliou a súa rede de sucursais.8 Informática Conxunto de equipos informáticos conectados entre si para intercambio de información. Conectaron os ordenadores en rede.9 InformáticaInternet OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula O terminal está conectado á Rede.10 Informática por extensiónWeb OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula Busca na Rede o horario do tren. FRASES E EXPRESIÓNS CON rede Rede de sumidoiros Instalacións que conectan os sumidoiros dunha poboación. As inundacións atascaron a rede de sumidoiros. Rede social 1 Estrutura social composta por individuos ligados por algún tipo de interdependencia. Nos lugares onde non hai ningún tipo de rede social, os individuos sen recursos vense abocados á miseria. As redes sociais condicionan moito o comportamento lingüístico. 2 Informática Servizo ou espazo en Internet que permite que persoas ou grupos creen relacións e intercambien contidos e informacións. É un usuario moi activo das redes sociais.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!