teito
Audio 1

teito substantivo masculino1 Parte superior que cobre unha casa, unha vivenda ou calquera construción ou cavidade semellante, considerada especialmente polo lado interior. A lámpada penduraba do teito. O teito da cova. Un coche sen teito.2 Cuberta superior dunha casa ou dun edificio, formada por unha estrutura de trabes en pendente, recuberta con tellas, lousas ou outros materiais. A casa ten o teito a dúas augas. A palloza ten o teito de palla. Subiu ao teito a cambiar unhas lousas. SINÓNIMO tellado CONFRÓNTESE lousado3 por extensión Casa, lugar onde se vive. Os vagabundos non teñen un teito para pasar a noite.4 figurado Altura límite máxima que ten ou pode acadar algo ou alguén. O Everest é o teito do mundo. Este avión ten un teito de dez mil metros, por riba do cal non pode voar. Naquelas eleccións o partido chegou ao seu teito. FRASES E EXPRESIÓNS CON teito Teito de cristal locución substantiva masculina Barreira invisible de tipo social, cultural ou económico, que impide a unha persoa ou a unha minoría o acceso a postos de relevancia dunha organización. O teito de cristal afecta particularmente as mulleres no mundo laboral.Voz actualizada 2024-03-08 13:53:50 Engadiuse a locución 'teito de cristal'

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!