volver
Conxugar
Audio 1

volver /verbos/volver.html verbo transitivo1 Facer xirar [unha cousa] en calquera sentido, cambiándoa de posición. Volve a cabeza e mira para atrás.2 Facer que [algo ou alguén] deixe de ser dunha maneira para ser doutra ou pase a ser outra cousa distinta do que era. Tanto barullo vainos volver tolos. Só un milagre pode volver a auga en viño. SINÓNIMOS cambiar, tornar, transformar, trocar1 verbo intransitivo3 Ir de novo ao lugar do que se partiu ou onde se estivo antes. Teño que volver á casa. ANTÓNIMO marchar Non volvín a Italia desde pequeno. Esperárono durante anos pero nunca volveu. SINÓNIMOS regresar, retornar, tornar verbo pronominal4 Oporse a alguén. Que é iso de volvéreste contra teu pai? SINÓNIMOS revirarse, virarse5 [Persoa, cousa] sufrir unha alteración progresiva de xeito que pasa a ser outra ou doutra maneira que se expresa. Volveuse tolo. O príncipe volveuse ra. SINÓNIMOS tornarse, virarse6 Dar a volta ou dar media volta quedando de cara a algo ou a alguén. Oíu a nosa chamada, pero non se volveu. SINÓNIMOS revolverse, virarse, xirarse FRASES E EXPRESIÓNS CON volver Volver en si Recuperar a consciencia. Abride a ventá a ver se volve en si. Volver (a) + inf Indica que se repite a acción expresada no infinitivo. Volve contar o conto. Volver por (algo ou alguén) Ser partidario de algo ou alguén, defendelo. E ti por que equipo volves? Sempre volve polos seus amigos. Volverse atrás Retirar o que se dixo ou renunciar a unha actitude que se adoptara. É mellor que aceptes antes de que se volva atrás. SINÓNIMO botarse atrás

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!