(Scolopax rusticola) Ave limícola da orde dos caradriformes, de peteiro longo e recto, pescozo e patas curtas, ás arredondadas, ollos grandes situados moi atrás, plumaxe de tons pardos, negros e amarelos no dorso e marrón claro con listas pardas escuras nas partes inferiores.
Etimoloxía
O nome desta especie tomouse do que tiña en latín, acceia, -ae.
Exemplos *
"Din que a arcea pon os ovos pero non fai aniñada." (Bieito Iglesias: Pan e coitelo)
"… apertaba as medias de seda da vítima ó redor do seu pescozo de arcea, xa un pouco correúdo." (Xesús Valcárcel: Matar o tempo)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.