antoloxía

Colección de obras ou fragmentos escollidos, literarios ou musicais

Etimoloxía

Voz que remite á grega anthología, formada por ánthos 'flor' e -logía 'selección'.

Exemplos *

“Acudira coa súa amiga á cativa libraría de barrio, unha rareza especializada en libro galego e portugués. O libro, Vestixios, era unha antoloxía da súa obra poética.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

“Trátase de recuperar o persoeiro, o autor e o poeta que pasou preto de 20 anos para publicar estas obras. A finais dos anos 40 púxose en contacto con Francisco Fernández del Riego para publicar unha antoloxía poética.” (Antonio Cendán: A Nosa Terra [entrevista], 9-1-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.