folletín

Novela, xeralmente de intriga ou sentimental, en que se narran sucesos dramáticos ou pouco verosímiles e que se difunde por capítulos nun xornal ou noutros medios de comunicación

Etimoloxía

Vocábulo que se crea sobre “folleto” que bebe do italiano foglietto ‘xornal’ ou ‘gaceta’.

Exemplos *

“Leunos cada día de arriba abaixo durante os catorce que durou a viaxe. Así que sabía todo de memoria. Mesmo o capítulo do folletín literario que incluía El Noroeste. Lera tantas veces aquel folletín, co capítulo de Ana Karenine, que lle parecía o máis real de todo o impreso.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)

“Unha obra como O vermello e o negro, de Stendhal, chegou de entrada a cincocentos lectores; no século XIX tamén non primaba a excelencia artística sobre a literatura popular (folletíns, faits divers publicados nos diarios).” (Bieito Iglesias: Novos retos para a propiedade intelectual. II Xornadas sobre a propiedade intelectual e o dereito de autor/a, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.