Insecto da orde dos dermápteros, de corpo aplanado de cor parda, unha pinza córnea e móbil no extremo do abdome e antenas articuladas, que se agocha durante o día debaixo das pedras ou da casca das árbores
Etimoloxía
Crese que é un derivado a partir do substantivo “forca”, que viría esta procede do latín furca con significado análogo.
Exemplos *
“Buscou Rita entre os libros e soubo que Silvio tiña razón no que dixera pero que ó animal tamén se lle chamaba cadela de frade, forcadela, calabreta, cadela do abade... e máis nomes aínda.” (Paco Martín: Tres historias para ler á noite/ Forcadela, 1992)
“Entón Quin entolece definitivamente e descarga as punteiras das botas no seu corpo, (...), faino sen parar, con saña, até que aquel mozo queda retorcéndose como unha forcadela acabada de pisar, doente.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.