Pequeno mamífero da familia dos mustélidos, duns corenta centímetros máis quince de cola e de cor parda polo corpo e branca arredor dos ollos e do fociño
Etimoloxía
Vocábulo que procede do latín furone de significado semellante.
Exemplos *
“Polo visto sepultárona metida nun saco da luctuosa que atoparon na sancristía: un saqueto todo roído dos furóns, e que encima ía tan mal mendado que ó tiraren del, para cargalo no carro do enterramortos, rompeu, e o corpo da defunta arrolou polo chan.” (Ramón Loureiro: O corazón portugués, 2000)
“Cazador furtivo con can de palleiro, cando non con furón, armador de ichós as perdices e neto de bruxa.” (Eliseo Alonso: A rúa do noxo, 1977)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.