gamba

Crustáceo mariño comestible da orde dos decápodos, parecido ao lagostino, pero moito máis pequeno, moi apreciado como alimento, e do que existen diversas especies.

Etimoloxía

Pode que a tomaramos do catalán, a onde chegou desde o latín vulgar gambarus, que, en última instancia, tería a mesma orixe ca camarón.

Exemplos *

"Todos bebendo viño tinto, por botellas, nos bares, e tomando racións de queixo fresco, de gambas ó allo e de xamón …" (Xesús Valcárcel: Matar o tempo)

"… cando lle retiraron as sobras dun prato de gambas, aínda ben non pegou media volta, sen esperar a refuxiarse na cociña, o camareiro deu en chupar os restos do marisco …" (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.