Cetáceo mariño da familia dos delfínidos, de dous a tres metros de lonxitude, segundo as especies, que ten as mandíbulas prolongadas e estreitas, dotadas de numerosos dentes, cor gris, azul ou branca e a aleta dorsal curvada cara a atrás
Etimoloxía
Remóntase ao latín delphinus de significado semellante que se cruzou con colphus ‘enseada’, pero que chegou como ‘golfo’, ‘pillabán’; na antigüidade os mariñeiros crían que o delfín era un animal carnívoro perigoso.
Exemplos *
“A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, leva 25 anos dedicada ao estudo, a conservación e o rescate de golfiños, baleas, tartarugas ou lobos mariños que chegan ás costas de Galicia.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 9-2015)
“No común da xente mariñeira aparecen opostas ás toniñas e os golfiños, criaturas simpáticas e seica intelixentes, asociadas desde a antigüidade cos bos presaxios, escoltas brincadeiras dos navíos nos días de calma.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.