león, -oa

Mamífero carniceiro da familia dos félidos propio de Asia e África, de cor ocre, corpo robusto e forte dentadura que presenta, no caso dos machos, unha mesta melena no pescozo

Etimoloxía

Denominación que procede do latín leo, -onis co mesmo significado.

Exemplos *

“Ó redor, distinguíase un círculo meirande de catro carteis con castelos e leóns.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda, 2012)

“A leoa, lanceada repetidamente, ensina os dentes como dicindo: "Levamos unha vida bastante aborrida".” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.