tigre, -esa

Mamífero carniceiro da familia dos félidos de tamaño algo maior ca o león, coa pel de cor amarela tirando a vermella con raias negras transversais, que vive en amplas rexións de Asia

Etimoloxía

Termo de orixe grega: tígris, -idos, pero que entra desde o termo latino tigris, -is ou -idis coa mesma significación.

Exemplos *

“A Roxelio asaltouno o pensamento de que estaba a comportarse como un estúpido domeador que renuncia a abandona-la xaula dun león ou dun tigre perigosos.” (Ramiro Fonte: As regras do xogo, 1990)

“O tigre, ou a tigresa , que soamente se albiscaba un espécime e non estaba moi claro o sexo , non se movía e nin tan sequera se dignaba ollar cara ó público.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.