equitación

Arte e deporte de montar a cabalo.

Etimoloxía

Chegou desde o latín equitatio, -onis, creado a partir de equus, -i 'cabalo'.

Exemplos *

"Os débiles ocúpanse das cousas que non esixen forza corporal pero os homes robustos, avezados desde a infancia na equitación, consideran deshonroso servirse dos pés." (Mª Xosé Queizán: Amantia)

"… unha mocidade no mellor colexio -ensinanza en inglés e alemán, informática, equitación– con remate dun ano nun instituto de Wisconsin." (Jaureguizar: Comendo espaguetis diante da televisión)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.