liñaza

Semente do liño

Etimoloxía

Palabra derivada tomando como base formación o termo “liño” que vén do equivalente latino linum.

Exemplos *

“Van pasando o liño polo ripo facéndolle soltar a bagaña. A bagaña estendese na eira para que regañe co sol e solte a liñaza, e o liño lévase a un pozo ou un regueiro a empozar en feixes, que é a súa medida. E por iso se di: tantos feixes de liño, como para o millo se di: tantas cestas.” (Manuel García Barros: As aventuras de Alberte Quiñoi, 1972)

“A preparación do liño, e os 31 labores están perfectamente recollidos en moitos libros, folletos e traballos: dende a sementeira no mes de Maio, coa cava, e estercado da liñaza ata que chegaba o momento de devanar, tinxir e por último, tecer.” (Mario Gallego Rei: Os encaixes, 1989)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.