pluma

Pluma de ave cortada e afiada, que se utilizaba antigamente para escribir.

Etimoloxía

Chegou da forma idéntica do latín.

Exemplos *

“Don Filiberto Zúñiga, o Pinturita, axeita o recado de escribir: o tinteiro e maila pluma, o secante e as resmas de papel, e agarda …” (Víctor F. Freixanes: A cidade dos césares)

“Marco Polo ergueu a pluma do papel e igual de serio que estaba a escribir, dixo: -Non, as que lle escribín a Nicoletta eran de verdade. Amei a túa nai como nunca amei a ningunha outra muller.” (Francisco Castro: O segredo de Marco Polo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.