xenon

Elemento químico do grupo dos gases nobres, que se encontra no aire en pequenas cantidades. O seu símbolo é Xe.

Etimoloxía

Tomouse do grego ksénos, -e, -on 'estraño'.

Exemplos *

"Durante este proceso os gases máis volátiles como: hidróxeno, helio, xenon, neon … etc., escaparían ao espazo exterior, mentres que os gases máis pesados quedarían retidos sobre a Terra, formando a primitiva atmosfera." (Xaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña)

"… non queima o combustible senón que se fornece a partir dun tanque de 40 quilos de xenon, un compoñente químico que se converte rapidamente en descargas eléctricas, grazas ao uso da enerxía solar." (Galicia Hoxe 07-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.