zoncho

Castaña cocida coa pela.

Etimoloxía

Do latín cingulum ‘cinto, cinguideiro’.

Exemplos *

“Has de cantar, que che hei de dar zonchos; has de cantar, que che hei de dar moitos.” (Rosalía de Castro: Cantares Gallegos)

“Traia o aguinaldo, se o ha de dar, castañas e zonchos para debullar.” (José Pérez Ballesteros: Cancionero Popular Gallego III. Folklore español)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.