receita

Nota escrita onde o médico indica os remedios ou os medicamentos que deben ser despachados na farmacia para seren administrados a un enfermo

Etimoloxía

Palabra que procede do latín recepta, participio presente do verbo latino recipere ‘recibir’.

Exemplos *

“De feito, entre as demandas dos usuarios de internet destaca a petición dun acceso seguro onde atopar o rexistro médico e os resultados das probas médicas (69%), a posibilidade de contactar coa súa médico vía mail (60%) e o feito de poder obter receitas médicas a través de internet (56%).” (E. P.: Galicia Hoxe, 10-3-2011)

“A conversa virábase máis e máis fluída. Paseando, ante a inminente bifurcación das súas rutas de volta a casa, decidiron quedar para cear dous días máis tarde. Ás nove e media, (...), dixo Bjorn, que escribiu o seu enderezo no reverso dunha receita médica manchada de graxa.” (Alejandro Tobar: Cremalleiras, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.