A primeira luz do día
Etimoloxía
Vocábulo que xorde desde o verbo “abrir” que vén do participio presente do verbo latino aperire de significado semellante.
Exemplos *
“Era sábado. Saín da pousada coas primeiras luzadas do abrente. Atallei polos carreiros de terra que trazaran os veciños.” (Xerardo AgraFoxo: Viaxe á última revolución, 2016)
“O sol do abrente trazaba sobre o mar unha estrada de refulxencias arxentinas que morría na illa da Creba, bosquexada ao lonxe no horizonte atlántico.” (Antonio Manuel Fraga: A virxe das areas, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.