Persoa que é amable, que ofrece hospitalidade
Etimoloxía
Voz derivada sobre o verbo “acoller” que procede do equivalente latino *accolligĕre, de colligĕre 'recoller'.
Exemplos *
“O Guantanamera: fillo dun escritor bohemio que curaba as súas constantes depresións entre os brazos cálidos e acolledores da Xaquina. Amante do bolero, afección que lle legou á súa namorada e esta, á súa vez, ao vinculeiro.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)
“Coñecina tenra e vulnerable, discreta e acolledora, pero agora, ante as súas ladaíñas apresuradas, non sabía como era realmente.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.