adestrar

Tornar destro ou hábil nunha determinada práctica

Etimoloxía

Palabra que se forma coa adición do prefixo a- e o sufixo –ar sobre o adxectivo “destro” que chega do latín dexter ‘dereito’, ‘hábil’.

Exemplos *

“Levaba un par de anos un pouco baixo e este verán estaba algo desmoralizado. Comecei a adestrar co meu pai o físico e agora todo vai mellor.” (A.E.: Sermos Galicia, 9-11-2012)

“As persoas que traballan a quendas non deben adestrar da mesma forma que aqueles que teñen un ritmo constante.” (Xurxo G. Ledo: A Nosa Terra, 4-12-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.