agreste

Que nace e medra de xeito espontáneo, sen ser cultivada

Etimoloxía

Palabra que procede da latina agrestis que significaba ‘rústico’, ‘campestre’ ou ‘agreste’.

Exemplos *

“E o que onte fora unha imaxe positivada, convertérase de súpeto na crúa realidade perdida polo paso inclemente dos anos nas descoñecidas e agrestes terras do interior.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

“É unha paisaxe dura, pedregosa, agreste, aínda sen civilizar. Só oe-lo mar e os paxaros, esa soidade do silencio, digamos. É algo de ver.” (Mar Guerra: O Correo Galego, 17-2-1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.