alborozo

Manifestación externa e ruidosa de ledicia, xúbilo etc.

Etimoloxía

Voz que bebe do árabe hispánico alburúz, e este remite ao árabe clásico burūz 'parada militar previa a unha expedición'.

Exemplos *

“Cando desde a cuberta da goleta se decataron da miña presenza axitaron as mans con verdadeiro alborozo.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Feliz, tratará de localizar a Nacho en Compostela sen conseguilo. Por iso, antes que a ninguén, chámao a El. Dálle a nova chea de alborozo.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.