alfabetizar

Ensinar a ler e escribir

Etimoloxía

Vocábulo que se crea a partir da palabra “alfabeto” que procede do latín tardío alphbetum co mesmo significado.

Exemplos *

“A grande maioría dos nosos devanceiros foron analfabetos, e non pola súa vontade, claro, senón porque, os que mandaban, non vían a necesidade de os alfabetizar para que levasen a cabo os seus traballos.” (Ramón Piñeiro: Prólogo a Parábolas chairegas (Parábolas chairegas), 1981)

“Os emigrantes víronse na necesidade de encara-lo problema en dous frontes. Por unha banda alfabetizarse eles mesmos, por outra mellora-las condicións de escolarización do agro galego.” (Carlos Sixirei Paredes: A emigración, 1988)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.