Acción e efecto de anovar
Etimoloxía
Vocábulo derivado tomando como base “anovar” que se forma sobre o adxectivo “novo” que remite ao latín novus.
Exemplos *
“E ao situármonos no tempo de hoxe, temos que nos referir ao que consideramos as meirandes adquisicións no anovamento do teatro dos nosos días: O absurdo e máis o lirismo.” (Salvador Lorenzana: Tres pezas de teatro [prólogo], 1981)
“Unha ruptura que enlazaba moi especialmente coa poética insurrecta de Manuel Antonio e que, en moitos aspectos, mantén viva a súa capacidade de anovamento e provocación.” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.