arco da vella

Fenómeno luminoso en forma de arco, que ofrece as sete cores do espectro e se produce ao refractárense os raios do Sol cando atravesan as gotas de chuvia

Etimoloxía

Frase formada polo substantivo “arco” que vén do latín arcus que se complementa coa frase “da vella” que remite ao diminutivo de vetus ‘ancián’; a crenza popular cría que a vella descendía polo arco desde o ceo á terra para beber.

Exemplos *

“De súpeto, toda a manda de animais mariños que os seguía dende a Patagonia desaparecera e só estaba alí aquela balea, cuxo lombo se arqueaba fulgurante baixo os raios do sol da atardecida. Un arco da vella alumeaba incandescente o cetáceo en cada unha das oportunidades que saía á superficie para respirar.” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo Firmamento, 2017)

“Normalmente, desde o chan só se pode ver a parte superior dun arco da vella porque as direccións que apuntan ao chan teñen menos cantidade de pingas de auga.” (Dosi Veiga: GCiencia. O portal da ciencia galega, 9-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.