Ruído de moitas voces xuntas / Ruído continuado dalgunhas cousas, como a tempestade, o vento, o mar, o trono etc.
Etimoloxía
Voz creada sobre unha raíz onomatopeica barb- ‘falar confusamente’.
Exemplos *
“O vento amainou e a escuridade deu paso a un amencer de luz salvadora. Ben cedo oíase en Curro o balbordo da xente que, inqueda, subía e baixaba. Xulio saíu á porta e reuniuse cos mariñeiros que comentaban sobre o máis que seguro naufraxio en Onza e as súas consecuencias.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)
“Ela procuraba amosarlle outra imaxe da capital, levándoo con tento polas ruelas máis descoñecidas e afastadas dos balbordos turísticos e descubríndolle os diferentes latexos doutros escenarios máis recollidos.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.