barlovento

Lado de onde vén o vento

Etimoloxía

Termo da náutica de orixe incerta, crese que se relaciona co vocábulo barloar ‘vir por barlovento’ que se relaciona co nórdico lof ‘vento’.

Exemplos *

“Inventaremos frustradas descobertas / a barlovento d’os horizontes / pra acelerar os abolidos corazóns / d’os nosos veleiros defraudados” (Manuel Antonio: “Intencións” en De catro a catro, 1928)

“Grazas, capitán. Era necesario, agora xa podes navegar en calma chicha, na goleta branca, ¿sabes?, sempre a barlovento; acompañarate o gavieiro para que non teñas desventura.” (Xosé Vázquez Pintor: Quen faga voar, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.