barroco

Estilo artístico desenvolvido en Europa e Hispanoamérica desde finais do século XVI ata mediados do século XVIII, caracterizado pola abundancia de adornos e as liñas curvas

Etimoloxía

Termo que foi tomado do francés baroque  ‘extravagante’.

Exemplos *

“O seu patrimonio cultural forma parte do europeo: os castros e a cultura celta, a modernidade romana, a arquitectura prerrománica, o románico, o gótico, o barroco galego.” (Camilo Nogueira Román: Galiza na unión. A porta atlántica, 2008)

“Mirou o reloxo do coche, pasaba ben das sete da tarde. Iriamos ver a capela de San Miguel e mais a igrexa do Mosteiro, un barroco espectacular.” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.