bategada

Chuvia forte e de pouca duración

Etimoloxía

Termo que se forma sobre “bater” que significa ‘golpear’ e procede do latín battuere ‘combater’.

Exemplos *

“Este vento, frío e decote seco, tráenos en poucas ocasións fortes bategadas de chuvia.” (Rosa Aneiros: Galicia Hoxe, 14-4-2009)

“Lembra as bategadas limpas de Almáciga e o cheiro a terra mollada.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.