beiramar

Franxa de terra que está ao lado do mar

Etimoloxía

Termo composto por “beira” que vén do latín vulgar *baria 'beira' e tamén por “mar” que procede de mare co mesmo significado.

Exemplos *

“A idea tráeo e lévao como fan as ondas na beiramar cando xogan cos anacos de madeira e cos plásticos, para subilos nas penas e logo baixalos, sen darlles acougo até que comeza a baixar a marea e fican varados en estrañas posicións.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

“Se as guías de viaxes propoñían aos turistas as cidades (Compostela, sobre todo, cun lugar preeminente entre todas elas), ou as paisaxes da beiramar, así como os balnearios, os peregrinos van á procura dun mundo totalmente á marxe deses destinos "convencionais".” (Alberto Allegue Leira: Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936 / Catro escollas para escribir Pelerinaxes I, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.