bibliófilo, -a

Persoa amante dos libros, especialmente a afeccionada a buscar, coleccionar e conservar libros raros, únicos, valiosos ou curiosos

Etimoloxía

Vocábulo formado polo elemento de composición grego biblio- ‘libro’ por unha banda, e pola outra, -filo ‘amigo' ou 'amante de’.

Exemplos *

“Teño uns oito mil volumes, malia que non fose nunca un gran bibliófilo, no sentido de procurar edicións raras, antigas, primeiras e semellantes” (Carlos Arias: O libro das capitulacións, 2003)

“Tiña unha extensa e variada cultura, e era gran bibliófilo e punxente polemista” (Lois Tobío: As décadas de T. L, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.