bidueiro

Árbore da familia das betuláceas de mediana altura, follas pequenas co bordo dentado e rematadas en pico, cortiza branca ou prateada e copa irregular, que se atopa na beira dos ríos e nas zonas húmidas das rexións de clima frío ou temperado

Etimoloxía

Forma que procede de *betularius que se forma sobre o termo latino betulla ‘bidueiro’.

Exemplos *

“Toda a estrada que ía desde o meu barrio das Fontiñas ata a capela de Guadalupe, e logo mesmo ata o río Fabilos, estaba beirada por ambos os dous lados de altísimos bidueiros, que ofrecían unha sombra magnífica para os nosos xogos.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)

“Hai a penas tres anos eu era un pícaro empolicado nas pólas máis altas dos bidueiros, aqueles que randean co leve peso dos niños.” (María Gándara: Magog, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.