bombo

Instrumento musical, formado por unha caixa redonda coas bases de pel, que se toca batendo nelas cunhas mazas

Etimoloxía

Adaptación do italiano bombo ‘estrondo’ que vén do latín bombus ‘ruído’.

Exemplos *

“Este encontro de cada ano, o dos de Abrente _e dou fe_ proporciona evocacións, respectos e recordos, firmeza e crenza nos instrumentos tan tradicionais como sempre máxicos (gaitas, tamborís, bombos, pandeiretas, etc.), amor pola cultura do noso pobo.” (David Otero: O Correo Galego, 2001)

“Alí construímos diversos instrumentos de música popular galega, como a zanfona, o pito, o tamboril, o bombo, o pandeiro, a charrasqueta, as tarrañolas e por suposto a gaita.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.