bronceado

Que ten a cor do bronce

Etimoloxía

Palabra que se forma a partir do verbo “broncear” que é un derivado de “bronce” que se toma do italiano bronzo de significado similar.

Exemplos *

“Os corpos bronceados polo sol reflectido contra dos muros, fóronse agachando baixo os xerseis de colores e as chupas sintéticas.” (Xosé A. Ballesteros Rey: Talego, 1993)

“No medio deles, Guitoi, conservando o seu cabelo, a pel bronceada e un sorriso permanente que delataba un par de engurras a carón dos ollos.” (Henrique Mariño: Contos de taberna / Guitoi, caso pechado, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.