broulla

Pequena erupción que se forma na pel, especialmente por efecto do sarampelo ou da picadura dun insecto

Etimoloxía

Probablemente a palabra chega do celta *bullaca ‘bostela’.

Exemplos *

“Hoxe descubriume unha carracha na cabeza.(...) O feito é que hoxe, estando aínda na cociña, asentei a cabeza contra unha parede e atopeime con que tiña un vulto, coma se fora unha broulla grande e dura. Cando me apartou o pelo, miña avoa logo dixo que era unha carracha, e advertiume que non debía arrincala.” (Xavier López Rodríguez: Días de desterro, 1996)

“Silesio era o seu mellor amigo, o único que a entendía, o único que soportaba as broullas vermellas e avultadas da súa cara, a súa famélica delgadeza, o andar descompasado. Era fea. Silesio pensaba, xa de mozo, que o malo é ser estúpido, estúpida, iso si que non ten solución posible.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.