Contracción involuntaria, dolorosa, espasmódica e transitoria dun músculo ou dun grupo muscular
Etimoloxía
Vocábulo que procede do latín krampf que bebe do xermánico kraump ‘dor’.
Exemplos *
“En realidade os ollos de Xonás non xulgaban, nin teorizaban. Simplemente miraban, serenos e curiosos. Temendo que lle dese unha cambra de tan quedo que estaba.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)
“A súa riqueza en potasio axuda a equilibrar a auga do corpo ao contrarrestar o sodio e favorecer a eliminación de líquido. Esencial para o tratamento da hipertensión, a gota e reumas. Prevén as cambras musculares, de aí que vexamos a moitos tenistas come-los no transcurso dos partidos.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.