cano

Tubo de material duro para conducir líquidos

Etimoloxía

Vocábulo que bebe de “cana” que vén do latín canna e este do grego kánna ‘xunco’.

Exemplos *

“Os pozos secaron este ano nos mediados de setembro, corrobora Luísa, e agora xa non hai quen saque máis que un fío do cano da fonte. Un desastre, muller, un desastre, nin as cebolas nin as leitugas acaban de arrancar e o porral dá ansia velo. Xa o din na televisión e non hai que lle facer, sentencia.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

“Unha fonte con dous "barcais" ou bebedoiros de animais, o cano da auga cae xusto nun oco alongado no medio dos dous bebedoiros isto é para reparti-la auga, permitindo ademais colocar recipientes enriba á vez que evita que a auga salpique fóra.” (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.