Carballo vello de toro voluminoso
Etimoloxía
Forma feminina de “carballo” que procede do vocábulo prerromano carba.
Exemplos *
“Habería que imaxinar esta paisaxe, as carballas centenarias, os prados infindos, unha casa bonita con columnas de madeira e un intenso cheiro a manteiga. A Granxa Maruxa parece tirada dunha novela romántica.” (César Lorenzo: Luzes, 6-2016)
“Mais de súpeto, coma se os ceos se abrisen, comezou a caer unha chuvieira forte que peteiraba con fereza no teito e no parabrisas do coche. As longas pólas dunha vella carballa randeábanse no vento e unha delas comezou a golpear nun lateral do automóbil coma se quixese botalos de alí.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas. A novela da santa compaña, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.