carromeiro

Alga da clase das rodofíceas que forma matas de ata trinta centímetros de altura, de cor vermella e moi ramificadas

Etimoloxía

Crese que ten a súa orixe na raíz prerromana karr-

Exemplos *

“(...) cheiro inconfundíbel da maré baixa e as voces lonxe das xentes e dos carros que andan pola area longa a apañar no carromeiro.” (Xosé Luís Méndez Ferrín: Bretaña Esmeraldina, 1987)

“Edesio esvara polo cabo do rizón. Os seus pés tocan xa nos carromeiros.” (Xosé Manuel Martínez Oca: Beiramar, 1983)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.