charrela

Ave da familia dos fasiánidos, de cor parda apencada no lombo, pescozo e peito cincentos e ventre branco cunha mancha castaña en forma de ferradura

Etimoloxía

Palabra de orixe onomatopea.

Exemplos *

“Se ben é certo que aves como o arao das cons, a pita de monte, a charrela ou mamíferos como o oso pardo son especies que teñen poboacións noutros territorios da península ou fóra dela, a, realidade é que aquí xa non existen ou teñen poboacións residuais.” (Ramsés Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá. Ideas e accións para un consumo sustentábel, 2008)

“Volveuse apartadizo, ameazante. Durante o ano cazaba e na veda bebía. Cazaba raposas á espera e con garamelo, cazaba paspallás, e caparros; e tamén a perdiz da montaña, a que chaman charrela. Sabía armar toda caste de trampas.” (Miguel Anxo Murado: O soño da febre, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.